Parte meteorolóxico dende a nosa televisión.
miércoles, 20 de junio de 2018
METEOEXPERIMENTOS
Aproveitando
que chegou o bo tempo decidimos facer experimentos caseiros ó aire
libre, para que os alumnos visualicen como se forma a
néboa, a chuvia e a formación dun tornado.
Formación
da néboa:
- recipiente de auga moi quente
- xeo
- coador
Vimos
como o vapor que queda por baixo do coador, comeza a condensarse.
Debido a que parte da auga quente convírtese en vapor. Este
arrefríase e convírtese en auga; que se denomina condensación. As
pequenas pingas de auga que quedan suspendidas no aire forman a
néboa.
Formación
da chuvia:
- colorante alimenticio azul
- auga
- recipente de cristal
Visualizamos
un cúmulo que é unha nube con bordes definidos e desenvolvemento
vertical, produncindo as pingas de chuvia.
Formación
de tornado:
- vinagre
- auga
- colorante azul
- xabón líquido
- recipente de cristal
Mover
o frasco con moita forza e xirar para formar o remuiño no
interior. O que sucede é que forma un pequeno vértice similar a un
tornado en miniatura. O remuiño fórmase pola corrente descendente
da auga, que mentras baixa acelera a súa rotación formando un
vértice. No tornado acontece o mesmo pero con aire, non auga.
lunes, 18 de junio de 2018
MeteoRa NOS MEDIOS
Un
dos nosos obxectivos era dar a coñecer o proxecto desenvolvido neste
curso escolar. Abrímolo a toda a comunidade implicando a todos os
sectores; participamos en actividades conxuntas con outros centros
educativos e puxémonos en contacto con outras meteoescolas.
Para
darlle visibilidade, publicamos na prensa artigos relacionados ca súa
posta en marcha.
Cole a Cole; mércores 4 de abril 2018
Xornal Escolar; mércores 30 de maio 2018
viernes, 15 de junio de 2018
O NOSO CLIMA
Tras
o traballo de investigación sobre as diferentes rexións climáticas,
os rapaces expuxeron no taboeiro da aula un pequeno mural resumo da
información máis salientable.
TRABALLANDO COS DATOS
Seleccionouse
unha noticia do periódico local, referente a chuvia do mes de marzo
deste ano. A partir dela, elaboránrose as táboas para traballar e
comparar a información ca recollida no pluviometro da nosa estación
meteorolóxica.
“METEONOVAS”
A actividade consistíu
na busca de noticias relacionadas ca meteoroloxía na prensa diaria.
O obxectivo é a súa recompilación e análise para despois traballar nunha
unidade didáctica temática.
COMPARANDO REFRÁNS
Con anterioridade,
elaborouse un libro onde se recollían os refráns populares da nosa
comunidade galega sobre os fenómenos atmosféricos. Afondando no
tema, por cercanía e por ser a comunidade de orixe de un alumno,
fixemos unha selección de refráns relacionados ca meteoroloxía de
Castela León.
O DÍA DO VENTO
O
día 15 de xuño celebramos o "Día Global do Vento".
Organizáronse
actividades como as que seguen para concienciarnos da importancia do
vento como fonte de enerxía ecolóxica:
- Charlas sobre o aproveitamento do vento ao longo da historia.
- Visualización da evolución dos molinos de vento.
- Solta de globos biodegradables para concienciarnos da posibilidade do vento como recurso inagotable e preciso para a sostenibilidade do planeta. Neles escribiron os seus desexos e propostas para acadar un mundo mellor.
CELEBRACIÓN DO DÍA DA AUGA
O
día 22 de marzo celebramos o "Día da Auga" con diferentes
actividades:
- Visualizamos vídeos sobre o coidado da auga (UNESCO).
- Recortamos gotas en goma eva nas que escribimos os nosos compromisos ca auga; suliñando a importancia da auga para a nosa vida e saúde, e concienciándonos da importancia de cambiar hábitos para diminuir o seu comsumo.
- Realizamos problemas matemáticos relacionados ca auga.
- Visitamos as instalacións de Viaqua para coñecer os ciclos naturais e urbáns e concienciarnos da importancia da auga no medio ambiente.
- Visitamos a exposición "H2OH! Os segredos da auga da túa cidade", da obra social de "La Caixa", exposición que nos fixo reflexionar sobre os retos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que se esconden detrás dun sinxelo xesto como o de abrir a billa e que por ela saia auga potable.
jueves, 14 de junio de 2018
“O NOSO GRITO”
A
través da famosa obra “El grito” de Edvard Munch, reflectíronse
os cambios (sentimentos, emocións, percepcións...) que provoca a
presenza dos diferentes fenómenos atmosféricos. Así como, cada
unha das estacións do ano, empregando as gamas de cores que se
asocian a cada momento expresando os estados de ánimo que nos
evocan.
Na
primeira fila podemos observar os fenómenos de vento, sol treboada e
neve.
E
na segunda as estacións: primavera, verán, outono e inverno.
Cada
alumno analizou por separado o que lle transmite cada unha das
láminas e logo fíxose unha posta en común das conclusións as que
se chegaron de como o tempo afecta o estado de ánimo e como as cores
poden transmitir diversas emocións.
miércoles, 13 de junio de 2018
LIBRO POP - UP
Elaboración
dun libro con despegables, móbil e con pliegues que facilita o acceso a información traballada neste curso sobre a meteoroloxía.
Por
que cambia o tempo?
Os
ventos
O
home do tempo
Instrumentos
meteorolóxicos
Prediccións
naturais
Diferencia
entre furacán en tornado
Clima
versus Tempo
As nubes
LANZAMENTO RADIOSONDA METEOROLÓXICA
Esta
actividade consistíu no lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica
que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado
actual da atmósfera.
Tivo
lugar nas instalacións de Meteogalicia, o 8 de maio; nela participou con nós o CEIP Albino Nuñez.
Pretendíase
traballar, entre outros, aspectos prácticos sobre o funcionamiento
da radiosonda: preparación, calibración e lanzamento. Nocións
sobre a estrutura vertical da atmósfera e sobre os fenómenos que
ocorren na capa límite planetaria.
ELABORACIÓN “CASEIRA” DE INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS
OLLO ÁS NUBES!
Tras
as explicacións sobre a formación e as funcións das nubes,
traballamos a súa tipoloxía.
Elaboramos un panel – quid no que se relacionan os debuxos das nubes co seu nome; permitindo a interacción por medio duns pequenos velcros.
Cada neno realizou a súa propia carta de nubes para observando, identificar que tipo de nube se está vendo.
Resumimos características principais de cada unha das tipoloxías nun cartel informativo.
Elaboramos un panel – quid no que se relacionan os debuxos das nubes co seu nome; permitindo a interacción por medio duns pequenos velcros.
Cada neno realizou a súa propia carta de nubes para observando, identificar que tipo de nube se está vendo.
Resumimos características principais de cada unha das tipoloxías nun cartel informativo.
martes, 12 de junio de 2018
23 DE MARZO “DIA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA”
Para
conmemorar tan sinalada data, fixemos unha actividade conxunta co CEIP Albino
Nuñez. Consistiu nunha sesión dirixida por un avó convidado, que nos presentou a
relación dos refráns populares ca meteoroloxía. Destacando como se valían destes
para realizar as súas labores diarias.
Nunha
segunda parte, dispoñamos dunhas láminas cos partes de refráns. A
través dunha dinámica de grupo, as persoas que tiñan o mesmo
refrán formaron parellas.
CONCURSO FOTOGRÁFICO “CORES DE OUTONO”
No primeiro trimestre convocamos un concurso fotográfico. A idea
é que cada rapaz captara os cambios que se producen nesta estación na súa
entorna.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)