Aproveitando
que chegou o bo tempo decidimos facer experimentos caseiros ó aire
libre, para que os alumnos visualicen como se forma a
néboa, a chuvia e a formación dun tornado.
Formación
da néboa:
- recipiente de auga moi quente
- xeo
- coador
Vimos
como o vapor que queda por baixo do coador, comeza a condensarse.
Debido a que parte da auga quente convírtese en vapor. Este
arrefríase e convírtese en auga; que se denomina condensación. As
pequenas pingas de auga que quedan suspendidas no aire forman a
néboa.
Formación
da chuvia:
- colorante alimenticio azul
- auga
- recipente de cristal
Visualizamos
un cúmulo que é unha nube con bordes definidos e desenvolvemento
vertical, produncindo as pingas de chuvia.
Formación
de tornado:
- vinagre
- auga
- colorante azul
- xabón líquido
- recipente de cristal
Mover
o frasco con moita forza e xirar para formar o remuiño no
interior. O que sucede é que forma un pequeno vértice similar a un
tornado en miniatura. O remuiño fórmase pola corrente descendente
da auga, que mentras baixa acelera a súa rotación formando un
vértice. No tornado acontece o mesmo pero con aire, non auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario