Ó
inicio do curso comezamos a elaboración da caseta do CEE O PINO (seguindo as indicacións do modelo de Stevenson). A súa elaboración integra
fixémola no noso taller de Carpintaría.
Dita
estación está situada na zona norte do colexio nunha parte
despexada do recinto para recoller coa maior precisión posible os
datos meteorolóxicos da nosa contorna. Está ubicada a 42,35º de latitude e -7,89º de lonxitude e a unha altitude de 103 metros.
Os
rexistros diarios reflectiranse na ficha de recollida de datos
e exporanse no panel informativo mensual. Introduciránse
semanalmente na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos
centros que participan no programa de Meteoescolas.
De
momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e
un pluviómetro.
Todos
os alumnos do centro son os encargados de recoller diariamente os
datos, o mestre responsable de esta actividade estableceu as quendas
oportunas para que cada día unha clase obteña os datos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario