miércoles, 20 de junio de 2018

METEOXORNAL



Parte meteorolóxico dende a nosa televisión.

 

METEOEXPERIMENTOS


 
Aproveitando que chegou o bo tempo decidimos facer experimentos caseiros ó aire libre,  para que os alumnos visualicen como se forma a néboa, a chuvia e a formación dun tornado.

Formación da néboa: 
  • recipiente de auga moi quente
  • xeo
  • coador

Vimos como o vapor que queda por baixo do coador, comeza a condensarse. Debido a que parte da auga quente convírtese en vapor. Este arrefríase e convírtese en auga; que se denomina condensación. As pequenas pingas de auga que quedan suspendidas no aire forman a néboa.


Formación da chuvia:
  • colorante alimenticio azul
  • auga
  • recipente de cristal
Visualizamos un cúmulo que é unha nube con bordes definidos e desenvolvemento vertical, produncindo as pingas de chuvia.




 
Formación de tornado:
  • vinagre
  • auga
  • colorante azul
  • xabón líquido
  • recipente de cristal
    Mover o frasco con moita forza e xirar para formar o remuiño no interior. O que sucede é que forma un pequeno vértice similar a un tornado en miniatura. O remuiño fórmase pola corrente descendente da auga, que mentras baixa acelera a súa rotación formando un vértice. No tornado acontece o mesmo pero con aire, non auga.


    lunes, 18 de junio de 2018

    MeteoRa NOS MEDIOS


    Un dos nosos obxectivos era dar a coñecer o proxecto desenvolvido neste curso escolar. Abrímolo a toda a comunidade implicando a todos os sectores; participamos en actividades conxuntas con outros centros educativos e puxémonos en contacto con outras meteoescolas.
    Para darlle visibilidade, publicamos na prensa artigos relacionados ca súa posta en marcha.



    Cole a Cole; mércores 4 de abril 2018
    Xornal Escolar; mércores 30 de maio 2018


    viernes, 15 de junio de 2018

    O NOSO CLIMA


    Tras o traballo de investigación sobre as diferentes rexións climáticas, os rapaces expuxeron no taboeiro da aula un pequeno mural resumo da información máis salientable.






    TRABALLANDO COS DATOS


    Seleccionouse unha noticia do periódico local, referente a chuvia do mes de marzo deste ano. A partir dela, elaboránrose as táboas para traballar e comparar a información ca recollida no pluviometro da nosa estación meteorolóxica.








    “METEONOVAS”


    A actividade consistíu na busca de noticias relacionadas ca meteoroloxía na prensa diaria. O obxectivo é a súa recompilación e análise para despois traballar nunha unidade didáctica temática.





    COMPARANDO REFRÁNS



    Con anterioridade, elaborouse un libro onde se recollían os refráns populares da nosa comunidade galega sobre os fenómenos atmosféricos. Afondando no tema, por cercanía e por ser a comunidade de orixe de un alumno, fixemos unha selección de refráns relacionados ca meteoroloxía de Castela León.



    O DÍA DO VENTO


    O día 15 de xuño celebramos o "Día Global do Vento".
    Organizáronse actividades como as que seguen para concienciarnos da importancia do vento como fonte de enerxía ecolóxica:
    • Charlas sobre o aproveitamento do vento ao longo da historia.
    • Visualización da evolución dos molinos de vento.
    • Solta de globos biodegradables para concienciarnos da posibilidade do vento como recurso inagotable e preciso para a sostenibilidade do planeta. Neles escribiron os seus desexos e propostas para acadar un mundo mellor.                                                                                                                        


    CELEBRACIÓN DO DÍA DA AUGA


    O día 22 de marzo celebramos o "Día da Auga" con diferentes actividades:
    • Visualizamos vídeos sobre o coidado da auga (UNESCO).
    • Recortamos gotas en goma eva nas que escribimos os nosos compromisos ca auga; suliñando a importancia da auga para a nosa vida e saúde, e concienciándonos da importancia de cambiar hábitos para diminuir o seu comsumo.
    • Realizamos problemas matemáticos relacionados ca auga.
    • Visitamos as instalacións de Viaqua para coñecer os ciclos naturais e urbáns e concienciarnos da importancia da auga no medio ambiente.
    • Visitamos a exposición "H2OH! Os segredos da auga da túa cidade", da obra social de "La Caixa", exposición que nos fixo reflexionar sobre os retos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que se esconden detrás dun sinxelo xesto como o de abrir a billa e que por ela saia auga potable.





    jueves, 14 de junio de 2018

    “O NOSO GRITO”

    A través da famosa obra “El grito” de Edvard Munch, reflectíronse os cambios (sentimentos, emocións, percepcións...) que provoca a presenza dos diferentes fenómenos atmosféricos. Así como, cada unha das estacións do ano, empregando as gamas de cores que se asocian a cada momento expresando os estados de ánimo que nos evocan.
    Na primeira fila podemos observar os fenómenos de vento, sol treboada e neve.
    E na segunda as estacións: primavera, verán, outono e inverno.
    Cada alumno analizou por separado o que lle transmite cada unha das láminas e logo fíxose unha posta en común das conclusións as que se chegaron de como o tempo afecta o estado de ánimo e como as cores poden transmitir diversas emocións.




    miércoles, 13 de junio de 2018

    LIBRO POP - UP


    Elaboración dun libro con despegables, móbil e con pliegues que facilita o acceso a información traballada neste curso sobre a meteoroloxía.

    Por que cambia o tempo?
    Os ventos
    O home do tempo
    Instrumentos meteorolóxicos
    Prediccións naturais
    Diferencia entre furacán en tornado
    Clima versus Tempo
    As nubes




    LANZAMENTO RADIOSONDA METEOROLÓXICA


    Esta actividade consistíu no lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado actual da atmósfera.
    Tivo lugar nas instalacións de Meteogalicia, o 8 de maio; nela participou con nós o CEIP Albino Nuñez.
    Pretendíase traballar, entre outros, aspectos prácticos sobre o funcionamiento da radiosonda: preparación, calibración e lanzamento. Nocións sobre a estrutura vertical da atmósfera e sobre os fenómenos que ocorren na capa límite planetaria.



     

    ELABORACIÓN “CASEIRA” DE INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS



    No obradoiro de carpintaría e no de tecnoloxía, con material reciclado, fixemos uns aparellos “inventados” polos alumnos; A súa finalidade é, entre outras, medir a dirección e a velocidade do vento.